menú

Necesito un mentor?

28/01/2016
Blog R

A figura do mentor lembra á dun titor: unha persoa que traballa de xeito conxunto con outra para que evolucione na súa carreira profesional. Xoga o papel de guía ao longo dun camiño ateigado de obstáculos, descoñecemento, crenzas limitadoras e decepcións.

Chegados a este punto pode parecer que a figura do mentor e do coach son similares. Con todo, existen matices diferenciadores entre unha e outra. Un mentor ten coñecementos específicos do sector no que traballa a nivel empresarial e de organización. Ademais, ten experiencia e coñecemento dabondo para ensinar á persoa á que apoia durante a súa carreira. Mentres, o coach é alguén que busca axudar outra persoa para potenciar as súas habilidades, minimizar as súas debilidades e conseguir as súas metas independentemente do seu ámbito laboral. A función do coach relaciónase máis co cumprimento de obxectivos e tarefas que co crecemento profesional nun determinado ámbito.

Que pode achegar un mentor?

Para o emprendedor, como para calquera traballador, un bo mentor pode significar inspiración, coñecemento e experiencia en sectores que el descoñece. Un referente que acelera o proceso de aprendizaxe por todo o que pode achegar:

  •   Funcionan como guía nos primeiros pasos da carreira de calquera profesional.
  •   Ensinan paso a paso e problema a problema o funcionamento do sector.
  •   Axudan a recoñecer os puntos cegos, o que será de gran axuda á hora de resolvelos.
  •   Resultan motivadores cando é difícil seguir adiante.
  •   Achegan unha perspectiva diferente na toma de decisións ofrecendo o seu punto de vista.
  •   Explican como marcar prioridades e repartir os recursos.
  •   Co paso do tempo, poden achegar o seu gran de area para que crees a túa propia visión do negocio.

 

Onde se atopan os mentores?

En Galicia existen redes específicas de mentores. Mesmo é unha figura moi presente en comunidades emprendedoras. Lembras AJE?, falamos deles neste post. Esta asociación conta cunha rede de mentores propia para apoiar os seus socios.

Pero a creatividade e o apoio tamén existe nos influencers que están na rede. Trátase de mentores “invisibles” que moitas veces, sen pretendelo, se converten en exemplos vitais, influíndo de forma importante nas nosas decisións.

As charlas TED son unha ferramenta inspiradora ateigada de futuros mentores. Tamén podes buscar na rede blogs e comunidades que che inspiren a través de Twitter ou LinkedIn.

A tecnoloxía bótache un cabo para seleccionar contido dentro do remuíño da rede. NextStories e StumbleUpon son dúas extensións para navegadores web que che suxiren información sobre os temas que che interesan.

Ademais, dispós tamén de xestores como Feedly que che permite ordenar e tipificar as túas RRSS. Conta con versión web e podes descargala para iOS e Android.

Os mentores poden influír positivamente na nosa carreira profesional achegando inspiración e orientación ante calquera problema. Non importa se es novo no mundo laboral ou se tes experiencia. Como dicía “Yoda, Moito por aprender queda”.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios