menú
modulo negocio

Módulo negocio para autónomos e pemes de R

17/10/2017
Blog R

O módulo negocio é unha vantaxe da que se poden aproveitar os autónomos e as pequenas empresas que sexan clientes de R. Trátase dunha opción que ofrecemos por defecto nos combos negocio, cunha serie de servizos moi necesarios para empresa. Ademais, se tiveras que contratar todo o que che ofrecemos por separado, pagarías moitísimo máis.

Así que se non contas cun módulo negocio, pénsao ben. Para poder desfrutalo sen ningún outro custo é preciso ter contratadas 50, 200 ou 350 megas no teu negocio.

De que se trata?

Trátase dun paquete no que contas con todos estes servizos:

  • mantemento en 12 horas
  • axuda informática
  • fax ip
  • wifinegocio
  • multiring
  • 50 chamadas de TPV
  • chamadas internas

Pero vaiamos ao detalle de cada unha destas opcións.

mantemento en 12 horas

Cando teñas algún problema con algún dos produtos que teñas contratados recibirás a atención dun técnico de R nun prazo máximo de 12 horas (por defecto, no contrato, dámosche 48 horas). O obxectivo é solucionar canto antes calquera incidencia.

axuda informática

Seguramente que de vez en cando o teu ordenador se queda colgado sen saber por que ou ben non tes claro como configurar unha impresora ou instalar un programa que acabas de mercar.

Con axuda R contas cun informático que che bota unha man, sen ningún outro custo a maiores. Aquí tes toda a información.

fax ip

É o fax actualizado ao mundo tecnolóxico actual. Permíteche recibir un fax por internet a través do servizo de fax.mundo-r.com ou ben envialo sen ter ningún aparello físico. Se o precisas, aí o tes incluído no teu servizo.

wifinegocio

Se tes un local público, grazas a este servizo os teus clientes vanse poder conectar á rede wifi dun xeito moi cómodo. Ademais, tes unha rede para os teus clientes separada da túa, para que poidas traballar sempre cun ancho de banda garantido.

multiring

Perder unha chamada pode ser perder un cliente, e como non queremos que isto pase, co multiring  poderás recibir as túas chamadas no fixo ou no móbil. O único requisito é ter contratadas as dúas liñas, a de fixo e a de móbil, con R. Con iso xa podes ter o multiring.

50 chamadas de TPV

Hoxe en día a maior parte dos negocios teñen un TPV para que os seus clientes paguen con tarxeta. Pois ben, co módulo negocio tes gratis 50 chamadas, o que supón un aforro importante.

chamadas internas

As chamadas entre os números da túa conta son gratis, xa sexan entre o fixo e o móbil ou viceversa. Cada chamada ten un máximo de 60 minutos e, ao pasar ese límite de tempo, facturaríase 20,66 cent/minuto (pero se te vas pasar do límite, colga e volve chamar ).

É un xeito de aforrar minutos nas túas tarifas de móbil e aforrar algúns cartiños, sobre todo cando tes varias lilñas de móbil contratadas no teu negocio.

E agora xa coñeces mellor o módulo negocio. Como ves, son opcións ben interesantes pensadas para negocios e pequenas empresas.

Ata a próxima!

Imaxe de @Helloquence

máis info?

déixanos aquí os teus datos



lín e acepto a política de privacidade

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Camilo di:

    Hola queria mais informacion. o meu numero e *********