menú
omunidad-emprendedora_III

Mergúllate nunha comunidade emprendedora

21/05/2016
Blog R

Se queres iniciar a túa propia aventura empresarial non estás só. Existen unha chea de lugares e redes nas que te podes informar e aprender como preparar a entrada do teu negocio no mercado profesional.

Estas son as comunidades emprendedoras coas que che pode interesar contactar se buscas asesoramento para o teu negocio.

1. Galicia Emprende

Galicia emprende é unha iniciativa da Xunta de Galicia enmarcada na “Lei do Emprendemento e da competitividade económica de Galicia”. O obxectivo desta organización é tentar catalizar a iniciativa de persoas emprendedoras para que consigan mellorar a súa eficiencia e logren crecer en Galicia.

Pódese contactar con Galicia Emprende de forma telemática ou presencial. Conta con oficinas na Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo. Ademais, dentro desta unidade, as empresas interesadas en asesoramento poden traballar con outras asociacións de emprendedores como AJE (Asociación de Jóvenes Empresarios).

2. Asociacións de Emprendedores

En Galicia existen diferentes asociacións que destilan coraxe emprendedora polos catro custados.

AJE

Con sedes en Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo, esta organización sen ánimo de lucro foi creada por e para fomentar o talento dos mozos emprendedores.

Axudan a autónomos e novos empresarios a crear e consolidar os seus proxectos. Por iso proporciónanlles os medios técnicos, humanos e loxísticos que necesiten.

Contan con grandes plans de asesoramento e unha ampla rede de mentores capaces de analizar a viabilidade de cada novo proxecto. É aí onde radica a excelencia deste tipo de comunidades emprendedoras e onde conseguen achegar valor a cada un dos seus socios.

ASCEGA

A Asociación de Emprendedores de Galicia está tras as siglas de ASCEGA.

Esta organización sen ánimo de lucro defende no seu ideario a cultura emprendedora. Ademais, esixe un novo marco xurídico que impulse e acolla o recoñecemento do emprendedor, do autónomo, da pequena e mediana empresa, como xeradores de emprego e riqueza.

3. Proxectos emprendedores

Ourense Emprende

O proxecto Ourense Emprende é unha iniciativa do Centro Comercial Aberto Ourense Centro e a Asociación Profesional Ourensá de Axentes Inmobiliarios (PROAGI), cuxo fin é facilitar a creación de negocios comerciais na zona centro de Ourense.

Para levar os proxectos a bo porto, o CCA Ourense Centro pon a disposición dos emprendedores todos os seus recursos humanos e técnicos co obxectivo de axudarlles na elaboración do plan de negocio e na realización de todos os trámites necesarios para a apertura. Así como, na xestión de todas as axudas que poidan convocar as administracións para o inicio de actividade. E todo de maneira gratuíta.

Pola súa banda, PROAGI pon a disposición destes emprendedores unha bolsa de locais que contarán cunha bonificación na renda de aluguer do 50% durante o primeiro ano de actividade.

Fundacións como Paidea tamén crearon espazos para o emprendemento, a investigación e o desenvolvemento punteiro da tecnoloxía. Incluso algúns concellos contan cos seus propios técnicos e oficinas de asesoría de emprendedores.

Crear a túa propia empresa é unha auténtica aventura. Haberá días nos que sentirás a soidade do emprendedor. Pero non te preocupes, non estás só. Existen comunidades emprendedoras que che acompañarán e asesorarán durante todo o proceso. Non esquezas que en posts anteriores, o primeiro lugar ao que che recomendamos acudir para poñer en marcha o teu negocio era Galicia emprende. A soidade non pode ser a razón pola que deixes atrás os teus soños.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios