menú

Por que o teu negocio debe ter fibra óptica?

03/08/2015
Blog R

En R xa sabedes que somos fans da fibra óptica. Tanto que decidimos poñer cable en Galicia para achegar esta tecnoloxía a fogares e empresas. E por que nos gusta tanto. Asegurámosvos que non é ningún capricho. Para demostrarvos que temos criterio reunimos neste post cinco razóns polas que precisas fibra óptica para o teu negocio.

Cinco razóns para contratar fibra óptica

Pola velocidade

Os servizos de fibra óptica multiplicaron a velocidade de conexión a Internet de tecnoloxías como o ADSL. A fibra non emprega o cable telefónico tradicional, senón que envía datos a través de fibras de vidro ou materiais plásticos. A fibra óptica é a tecnoloxía adecuada para conexións ultrarrápidas e de alta capacidade que necesita unha empresa. Con ela podes alcanzar velocidades de acceso a Internet de ata 350 megas de baixada, unha garantía de que o teu negocio dispón dunha conexión profesional que non che fallará nos momentos máis importantes.

 

Pola estabilidade da conexión

Na velocidade que se alcanza coa fibra óptica non interfire a distancia do punto de acceso ao centro emisor, como pasaba co ADSL. Tampouco notarás altibaixos por interferencias electromagnéticas ou de conexións dos veciños. En R, cunha rede de fibra óptica propia, garantimos o 80% da velocidade contratada se te conectas por cable.

 

Pola conexión multidispositivo

A fibra óptica permite a conexión de múltiples dispositivos a Internet, imprescindibles nunha empresa. Podes falar por teléfono, navegar e dispoñer de wifi para que os teus clientes e empregados contacten ao mesmo tempo sen perder velocidade. A fibra óptica dá tamén acceso ás empresas a servizos profesionais na nube como centraliñas ou fax IP, servizos de almacenamento de documentos, copias de seguridade ou infraestruturas informáticas como servidores. Con estas aplicacións na nube gañarás en seguridade e non dependerás da actualización tecnolóxica. Non poñas límites á túa empresa!

 

Pola mellora da produtividade

Unha conexión de fibra óptica contribuirá a mellorar a produtividade na túa empresa. Se tes varias delegacións aforrarás en viaxes ao poder utilizar solucións de videoconferencia sen cortes nin perdas de calidade do sinal, podes compartir información e aplicacións de forma segura entre todos os postos da túa empresa ou cos propios clientes.

 

Polo mantemento, se contratas R

Os nosos combos de fibra óptica para empresas van acompañados dun servizo de mantemento preferente. Sabemos que o teu negocio non se pode permitir parar, por iso comprometémonos a resolver as incidencias nun máximo de 12 horas. A nosa fibra óptica inclúe axuda informática telefónica se precisas, por exemplo, asesoramento para configurar unha impresora ou facer copias de seguridade do teu PC.

A fibra óptica está a chamar ás portas do teu negocio. Deixa poñer os cables, moderniza tecnoloxicamente a túa empresa e empeza a mellorar en rendibilidade e seguridade.

máis info?

déixanos aquí os teus datos



lín e acepto a política de privacidade

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
acepto os termos e condicións*

2 comentarios

  1. Eva di:

    Todo esto está muy bien mientras tu oficina no se encuentre situada en la Avda. de Madrid de Vigo. Si es así no contrates R, tendras cortes de conexión todos los días (ellos los llaman microcortes, porque como duran 3 minutos no les dan importancia) Pero a nosotros nos suponga perder clientes. ¿Puedes imaginar lo que son 3 minutos cuando estás atendiendo a un cliente a través de un chat? …Una eternidad.
    Por lo tanto, ESTABILIDAD—> FALSO.
    Además llevamos meses con el problema y no lo solucionan, por lo tanto MANTENIMIENTO—>FALSO.
    Conclusión: Antes de contratar R pregunta a tus vecinos. Si vives en una ciudad muy lluviosa tampoco te lo aconsejo 🙁

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*