menú

Coworking: a túa oficina nun espazo colaborativo

27/05/2016
Blog R

Se es autónomo ou estás a empezar a construir a túa propia empresa,  traballar nun espazo compartido pode ser unha boa opción para ti.  Esta modalidade chamada coworking permíteche desenvolver a túa empresa de maneira independente e  ter a túa propia oficina sen asumir altos custos.

Pero o coworking non só se reduce a aforrar. Aquí che deixamos sete vantaxes que che animarán a facerte cunha mesa nunha destas contornas:

  1. Que o teu lugar de traballo estea diferenciado do teu fogar axuda a empezar a xornada con forza lonxe das distraccións que poidas ter na casa. Ademais, fomenta a disciplina e axuda a establecer horarios.

 

  1. Podes recibir aos teus clientes nunha contorna profesional.

 

  1. Estar rodeado doutras persoas que proveñen de sectores diferentes ao teu, achega valor. Tamén che pode axudar a compartir ideas e recibir opinións con diferentes puntos de vista.

 

  1. Está claro que compartir espazo con outras persoas mellora a teu networking. Os teus propios compañeiros poden ser contactos profesionais, dando lugar a sinerxias positivas. Poida que  vos presentedes de forma conxunta a novos proxectos que esixan multidisciplinariedade.

 

  1. Podes adaptar o peto ás túas necesidades. Os espazos de coworking adoitan ofrecer distintos bonos e paquetes segundo o total de horas e salas que utilices.

 

  1. Ao haber diferentes tipos de empresas de coworking, contas con moitas opcións á hora de elixir. Desta maneira podes escoller á perfección o lugar que mellor se adapte a ti. Lugares luminosos, preto de casa, con luz natural, con amplas salas… Ti decides.

 

  1. O coworking tamén achega formación e aprendizaxe. A maioría dos espazos facilitan o acceso a eventos, cursos e talleres. Podes aprender ou estrearte como docente impartindo os teus propios talleres.

 

En Galicia existen máis de 85 espazos de coworking públicos e privados nos que podes establecer a túa oficina. Como non podemos enumeralos todos, deixámosche aquí tres deles:

 

Espazo Nido

Abriu as súas portas en 2012 coa idea de converterse nun referente na cidade de Vigo. En Espazo Nido cren na colaboración como base fundamental de traballo cuxo obxectivo é que se produzan intercambios de servizos, ideas, experiencias, clientes, recursos e moito máis.

Podes saber máis sobre eles consultando a súa web ou botarlle un ollo á súa axenda aquí.

Coworking Vigo

Para Coworking Vigo, se moitos pequenos se xuntan, poden facer grandes cousas. Por iso creen que espazos de coworking como o seu conseguen favorecer sinerxías entre diferentes tipos de empresa.

Puedes conocerlos mejor aquí o echarle un ojo a su blog aquí.

 

WekCo

Para WekCo o coworking é unha emoción que nace do sentimento de pertencer a unha comunidade aberta e colaborativa que se sinte inspirada por un ecosistema que conecta e impulsa a emprendedores, autónomos, teletraballadores ou microempresas con gran talento e actitude.

Podes coñecelos mellor aquí. No seu espazo de Novo Mesoiro na Coruña organizan charlas e eventos cada mes . Podes consultar máis información aquí.

 

Emprende Cultura Gaiás

Esta contorna de coworking situada na Cidade da Cultura iniciou a súa actividade no ano 2012. O seu obxectivo sempre foi acompañar a emprendedores e  a novas empresas na súa aventura profesional. Por iso, poñen a disposición de todos os integrantes un programa para dinamizar e consolidar as súas iniciativas empresariais.

Descubre máis aquí.

 

Se aínda non tes claro onde situar a túa oficina, non o dubides. Un espazo de coworking pode ser unha boa alternativa á hora de aforrar custos e crear novas oportunidades de negocio.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

5 comentarios

  1. Juan Diego (WeKCo) di:

    Muchas gracias por incluir a http://www.WeKCo.net en vuestra referencia a los espacios Gallegos. Lo cierto es que junto con Espacio Nido (Vigo) fuimos los primeros de nuestra comunidad y ya llevamos 4 años formando parte del ecosistema emprendedor y freelance gallego.

  2. Maite di:

    Una pena que no mencionaseis a Coworking Vigo, tambien somos clientes vuestros…

    • Hola, Maite.

      Disculpa que no os hayamos mencionado. No era nuestra intención ofenderos, ni mucho menos. De hecho, ya hemos ampliado la información en el post, para incluiros 😉

      La verdad es que era complicado poner en un post todas las opciones disponibles para los emprendedores, así que escogimos tres modelo de coworking, en tres ciudades diferentes. El criterio, lógicamente, no es que fueran o no clientes nuestros, pero está claro que un entorno con internet de R es mucho más productivo e interesante para los emprendedores así que, como digo, ya está completado en el post 🙂

      Un saludo y gracias por escribir.

  3. Estefania Dominguez Novoa di:

    A la cola de Maite, también deciros que es cliente vuestro La Estación Coworking en Maria Berdiales 39