menú

Namora aos teus clientes, constrúe a túa propia marca

16/06/2016
Blog R

Conquistar aos teus clientes depende de ti. Os que realmente te sigan, farano porque se namoraron do teu produto, da forma na que te comunicas con eles ou  dos pequenos detalles que rodean o teu negocio. Non hai volta, os que te seguen, fano porque se namoraron da túa marca.

Por onde empezo a deseñar a miña marca?

Para deseñar a identidade da túa marca,  o fundamental é saber que se quere ser exactamente no futuro e que non. Tamén é importante ter ben claro que valores pretendes transmitir coa imaxe de marca.

As marcas teñen personalidade máis aló dun logotipo ou un nome. Revelan actitudes e formas de ser, por iso debes escoller a personalidade do teu negocio.

É importante que teñas en conta que se non defines a túa marca, alguén o fará por ti. Senta, colle papel e lapis e comeza  a construír. Non podemos facelo por ti, pero podemos darche  pautas que te orienten á hora de definir a personalidade do teu negocio.

  • Manifesta e deixa presente de forma clara a súa personalidade. Podes empezar por definir as palabras que a identifican. Unha marca debe ter de 3 a 5 atributos. Ademais, estes deben ser relevantes para os consumidores. Seguridade, innovación, felicidade, calidade ou exclusividade son exemplos de atributos asociados a unha marca.
  • Sitúate no mercado.
  • Diríxete ás persoas que necesitan o teu produto. Non pretendas contentar a todo o mundo.
  • Proporciona experiencias únicas. A túa marca debe ser ante todo social, crear momentos e vivencias para o consumidor.
  • Fala alto e claro, aínda que rumorees. Utiliza internet para falar cos teus clientes.

Por que deberías construir unha marca?

Crear unha marca axúdache a:

  • Diferenciarte da túa competencia.
  • Competir non só por prezo.
  • Ofrecer un sentido, un propósito e uns valores arredor do produto..
  • Xerar confianza e gañar a lealdade dos teus consumidores.

 

As pemes poden diferenciarse unhas doutras polo prezo, a singularidade ou as promocións, pero estas vantaxes son transitorias xa que cando se acaba a campaña, acábase tamén o atractivo. Con todo, se es capaz de crear unha marca arredor do teu negocio, conseguirás que os teus clientes se lembren de  ti por algo máis que polo prezo.

imaxe: unsplash. Taylor Swayze

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
acepto os termos e condicións*

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*