menú

3 app de R para emprendedores

23/12/2015
Blog R

Cando tes un negocio, buscar aplicacións que che axuden a xestionalo convértese case nunha obsesión. Existen centos de apps e webapps que fan esta tarefa máis sinxela. Se aínda non as tes na pantalla do teu móbil, estas son as 3 app de R que non deberías perder:

nube R: toda a información que precisas na nube

E almacénaa de xeito seguro e cifrado. Nube R permíteche realizar copias de seguridade das túas fotos, contactos ou cualquera documento que teñas no teu ordenador, no móbil ou na tablet.

Esteas onde esteas, poderás acceder a todo o que teñas gardado dende o dispositivo que ti escollas. Ademais, R pon á túa disposición nube R profesional, unha ferramenta que che permite crear un repositorio máis complexo.

Esta app de R é  útil se precisas levar a oficina ás costas.

 

wificlientesR: wifi gratis na rúa

Se tes contratado internet fixo ou móbil con R, dispós de wificlientesR.  Esta rede conta con máis de 80.000 puntos wifi en toda Galicia aos que podes conectarte de forma gratuíta. Podes consultar a cobertura wificlientesR.com

Na páxina do servizo podes descubrir como configurar wificlientes para android, iPhone, ou para empregalo noutro tipo de terminais móbiles, como tabletas, etc.

Ademais, unha vez que o teñas configurado, conéctase automáticamente. Non tes que preocuparte de atopar un novo punto de acceso cando te movas de sitio.

Esta app de R é unha boa opción se queres aforrar datos no móbil ou se precisas navegar co portátil fóra da oficina.

Vin R: videoconferencias para profesionais e autónomos

Reunións de traballo no teu ordenador, móbil ou tablet. Vin é a nova solución de R para a colaboración por vídeo. Con esta app de R podes realizar conferencias online con múltiples persoas desde calquera dispositivo. Todo, con calidade de imaxe e son HD.

Unha boa idea para reducir custos e evitar desprazarse.

 

 

Con estas tres apps de R poderás xestionar  o teu negocio con tranquilidade esteas onde esteas. Sen cables e dende o dispositivo que ti escollas. Pero ollo, non olvides apagar a túa oficina portátil cando marches de vacacións.

máis info?

déixanos aquí os teus datos



lín e acepto a política de privacidade

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios