menú
comer sano

Como comer san na oficina?

20/12/2018
Blog R

Coa chegada do novo ano uno dos teus propósitos seguramente sexa comer san na oficina. Coas présas e a presión das tarefas laborais seguro que moitas veces esqueces comer, ou simplemente comes unha chocolatina ou un sándwich impregnado en manteiga no teu posto de traballo. Debes saber que con esta alimentación o teu corpo non estará preparado para render ao cento por cento na túa xornada de traballo.

E aínda que non cho pareza, é posible comer san na oficina e potenciar así a forza mental e psicolóxica para aguantar a semana laboral

Consellos

O primeiro que debes facer é eliminar da túa dieta os alimentos procesados e precociñados, e na medida do posible os bocadillos. Aínda que de cando en vez comerse un bocadillo de xamón curadore, con tomate e aceite con pan da nosa terra non está prohibido, xa sabes que é un manxar de deuses .

A base dunha dieta equilibrada en calquera ámbito é a planificación. Así que semanalmente debes establecer un calendario co menú de cada día da semana laboral, e xa entrados en faena, tamén da fin de semana.

A primeira comida do día é a máis importante, como nos dixeron desde que somos pequeniños. Así que nunca debes saltar o almorzo, porque senón vas render moito menos na oficina. Un bo almorzo debe estar composto por froita, iogur ou leite, pan de centeo ou de calquera outro cereal que non sexa trigo acompañado de aceite e algunha bebida quente para que o teu organismo se vaia asentando. E se es dos que che custa que se che despeguen as sabas pola mañá e non che dá tempo a almorzar en casa procura levar algúns destes alimentos mentres vas empezando a xornada laboral no teu posto.

Procura elaborar os teus menús con produtos de tempada, principalmente con froitas e verduras. Así aforrarás uns cartiños á hora de facer a compra semanal e evitarás comer algún compoñente químico que conteñen algúns produtos que se cultivan fóra de tempada.

Á hora para comer entre horas, o de sempre, evita os alimentos procesados e bota man de froitas, iogures e duns poucos froitos secos naturais, evita os fritos, que che saciará esa fame de media mañá ou media tarde. Iso si, non comas o paquete enteiro .

E non esquezas beber auga durante toda a túa xornada laboral, esquécete doutro tipo de bebidas, e máis se levan gas. Así que xa sabes leva a túa botelliña de auga reutilizable.

Batch cooking

A tendencia actual á hora de cociñar é o Batch cooking ou meal prep e virache moi ben para alcanzar o teu obxectivo do novo ano para comer máis san e mellor no traballo.

Este termo inglés fai referencia a cociñar varios pratos ao mesmo tempo para almacenalos e consumir posteriormente. É unha formar de aforrar tempo, non desperdiciar alimentos e comer equilibrado no teu traballo e en casa.

Aquí podes ver un exemplo de Batch cooking ou de como cociñar todo o que vas comer durante toda unha semana:

 


Unha vez que preparases o menú semanal debes almacenalos en tuppers de cristais, porque así a comida quentarase sen ningún tipo de contaminación química e contribuirás ao coidado do medio ambiente.

E ti, crees que alcanzarás este obxectivo do novo ano? Ánimo, conseguiralo, non é tan difícil .

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

Imaxe de unsplash.com/@disguise_truth

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.