menú

Clúster TIC Galicia: o vertebrador do macrosector TIC galego

09/06/2016
Blog R

Só hai que botar unha ollada á sociedade galega para darse conta de que os galegos somos emprendedores por natureza. Se cadra por iso contamos cada vez con máis de colectivos, colexios e institucións que traballan arreo para poñen en valor a industria galega.

Unha destas asociacións sen ánimo de lucro é o Clúster TIC Galicia, cuxo obxectivo é impulsar as Tecnoloxías da Información e da Comunicación e xerar novas colaboracións entre empresas aproveitando a capacidade das máis grandes e a axilidade para adaptarse a novos escenarios das máis pequenas.

Dende o seu nacemento no 2008, o Clúster conta con máis de 200 socios, entre os que se atopa R.

 

Cales son as vantaxes de pertencer ao Clúster TIC?

Son moitas as vantaxes de ser socio do Clúster. Destacamos as seguintes:

 

  • O Clúster TIC dedica tempo a coñecer e analizar de primeira man todos os produtos e servizos dos seus asociados, deste xeito poden mostrar a nivel internacional as vantaxes competitivas de cada unha das empresas e dirixilas a novos nichos de mercado.

 

  • O Clúster TIC pódete asesorar tamén noutros eidos como a comunicación, senón estás habituado a redactar ou enviar notas de prensa.

 

  • O Clúster TIC elabora boletíns informativos para que esteas ao tanto das axudas, concursos e licitacións que poidan ser do teu interese. Ademais, pódenche asesorar e axudar a cumprimentar a documentación e a presentala ante as diferentes administracións e organismos.

 

  • Nas instalacións do Clúster TIC contas con salas de reunións, despachos, salas de xuntas, aulas de formación e un salón de actos para que poidas reunirte cos teus clientes ou utilizalo como espazo de traballo. Tamén organizan cursos e outras actividades.

 

  • O Clúster TIC organiza encontros e formacións con emprendedores, expertos no sector e investidores co obxectivo de fomentar a cooperación entre empresas.

 

  • O Clúster TIC funciona como interlocutor coas administracións públicas. Por suposto, funcionan como asesores e dan apoio a programas de I+D+i, tanto na fase de identificación de proxectos que coinciden coas convocatorias da administración pública como na procura  doutras liñas de financiamento.

 

Se queres saber máis sobre o Clúster TIC non deixes de visitar a súa web e seguir as súas novas. Se coma nós, te queres asociar, contas con toda a información aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios