menú

Caso de éxito: COFANO

18/06/2019
Blog R

Un dos clientes máis destacados que temos en R é COFANO. Trátase dunha cooperativa farmacéutica composta por máis de 600 socios en Galicia. Distribúen medicamentos a farmacias de toda a comunidade dende catro almacéns automatizados que teñen nas cidades de Vigo, Coruña, Ourense e Pontevedra.

Transformación dixital

Dende COFANO buscaban realizar un exercicio de transformación dixital arredor de tres eixos:

  1. Big Data: realizar analítica avanzada a partir de toda a información dos sistemas e datos recompilados nas farmacias.
  2. RPA (Robotic Process Automation): unha operadora automática ou chatbot que permita ás farmacias unha nova canle de atención con soporte.
  3. IoT (Internet de las Cosas): monitorizar con sensores tanto os frigoríficos como as propias farmacias.

Internet das Cousas

Un dos obxectivos era medir, rexistrar e ter unha alarma ante calquera incidencia de temperatura nos frigoríficos e no ambiente para cumprimento da normativa. Para iso instálase un sensor de temperatura e de humidade relativa. Con calquera variación establecida, lánzase un aviso á app do móbil.

A través da app de COFANO (para Android e iOS) os nosos clientes poden consultar tamén, en tempo real, a temperatura dos frigoríficos. Ademais teñen a opción de supervisar a farmacia a través de vídeo, no caso de que teñan un sensor cunha cámara conectada.

Por outra banda, é posible ter outro tipo de sensores: como de apertura de portas e fiestras (para ver se entra alguén, por exemplo); un enchufe domótico (para prender ou apagar de forma remota luces ou aparatos); un detector de fumes ou inundacións ou un medidor de cadro eléctrico.

Toda esta información, como dicimos, pódena consultar as farmacias a través da app de COFANO, para a que traballamos con CINFO.

Big Data

Outro dos puntos de traballo foi aproveitar toda a información que teñen as farmacias. Desta forma, grazas á plataforma Mileva, recompílase a información que ofrecen os sensores, a app das farmacias e os propios almacéns de COFANO, garantizando a continuidade dos datos, a seguridade e o rendemento de todo.

Grazas á analítica pódense tomar decisións de forma rápida e áxil. Por exemplo, pódense ver patróns de consumo en determinadas zonas, para ver se por exemplo empeza a época de gripes e é necesario pedir determinados medicamentos que agora mesmo non están dispoñibles na farmacia.

Como todo está integrado, a analítica permite anticiparnos ao que pode pasar tras detectar patróns de venda e faltas de stock. Ademais, cada farmacia terá un cadro de mando sobre a súa xestión.

Centraliña virtual

Por outro lado, na app móbil de COFANO, as farmacias terán un chat de atención ao cliente á súa disposición. De forma sinxela, as farmacias poderán:

  1. Xestionar consultas, pedidos e incidencias.
  2. O chat conta con intelixencia artificial, co que podería ir aprendendo destas conversas.
  3. Xestionar os seus dispositivos e consultar os datos dos sensores: temperatura dos frigoríficos, vídeo de actividade na farmacia, etc.

En definitiva, do que se trata é de dar un paso máis na xestión do seu traballo, dixitalizando toda a información, monitorizando o que sucede e convertendo eses datos en algo útil para poder tomar decisión no día a día.

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.