menú

Caso de éxito: migración a Office 365 Cupa Group

08/06/2018
Blog R

Nos tempos que corren as empresas teñen unha necesidade cada vez maior de acurtar distancias e automatizar tarefas.

Office 365 é a resposta para moitas delas, xa que integra ferramentas clásicas con potentes solucións de correo, servizos de almacenamento na nube e aplicacións de comunicación instantánea e videoconferencia.

Unha das grandes empresas galegas que está xa desfrutando destas vantaxes é Cupa Group. Imos coñecer de preto o seu caso.

En que consiste?

No caso de que non coñezas Office 365, trátase da solución para a produtividade nas compañías modernas. De acordo con José Manuel García, responsable do marketing datacenter en R, “responde ás catro preocupacións fundamentais das empresas: eliminar distancias, traballar en mobilidade, axilizar procesos internos e compartir coñecemento”.

Todo isto porque, ademais das aplicacións clásicas de ofimática, ofrece caixas de correo de ata 50 GB con Exchange, almacenamento na nube de ata 1 TB con OneDrive, aplicacións de videoconferencia con Skype for Business e mensaxería instantánea con Yammer.

Son servizos multidispositivo (PC, ordenador, tablet…), para que poidas acceder aos teus datos onde e cando precises.

 


 

O cambio xa chegou

O 77% das empresas do IBEX35 están a utilizar Office 365. Pero tamén, como diciamos, grandes empresas galegas fixeron xa a migración cara este servizo.

Exemplo disto é Cupa Group, compañía con máis de 2.000 empregados, 36 centros de distribución e que exporta a máis de 70 países, facturando uns 400 millóns de euros. Hai uns meses, como nos explica o seu director de TI, Francisco Castiñeiras, iniciaron o proceso de cambio. “Buscabamos dispoñer de moitas máis funcionalidades e  o cambio natural era contratalo con R, con quen xa tiñamos a solución de Exchange”, engade.

De feito, os usuarios de Cupa Group foron “bastante receptivos porque viron que ademais a velocidade de resposta era moito mellor, xa que tiñamos o control directo do noso servizo”, explica Castiñeiras.

Pero, por que mellor con R?

Falando co director de TI de Cupa Group sobre o noso papel na transición cóntanos que “sen a axuda e experiencia de R, o proxecto tardaría bastante máis en levarse a bo porto”.

Castiñeiras explicounos que “despois duna planificación bastante exhaustiva, fixemos unha migración das caixas de correo por sedes e de forma escalonada. Isto, xunto coa coordinación cos técnicos de R, deu como resultado en que apenas se notase a migración”.

En R intentamos que a transición sexa o máis cómoda posible para os nosos clientes. Contamos cun percorrido que nos permite ofrecer unha migración personalizada e un soporte integral do servizo.

  • Migración a medida: analizamos as túas necesidades e ofrecémosche un plan de migración a medida.
  • Soporte técnico local: axudámoste no teu idioma, e estamos aquí para o que precises, coma sempre.
  • Formación: ensinámosche a usalo para que o poidas espremer ao máximo.
  • Autoxestión: dende a nosa app de clientes podes activar e desactivar servizos cando queiras.
  • Diagnóstico integral: imos máis alá do diagnóstico da aplicación, analizamos que está a causar a incidencia.
  • Aforro: en comparación, ofrecemos o mellor prezo do mercado.
  • Seguridade: analizar os teus sistemas permítenos ofrecerche solucións máis robustas.

 

Despreocúpate das ameazas

Este servizo de Microsoft é impecable sobre todo en materia de seguridade. A continua aparición de actualizacións fai que “garanta que as apps estean sempre parcheadas coas últimas versións, de xeito que son máis robustas fronte a ameazas”, asegura José Manuel García. Ademais de que a súa solución cloud é a única “que conta co certificado de conformidade en nivel alto do esquema de seguridade”, engade.

Por outra banda, a propósito da entrada en vigor da nova RGPD europea, Office 365 “está deseñada para facilitar ás compañías o cumprimento do novo regulamento”, comenta o noso responsable do datacenter.

A seguridade foi precisamente unha das razóns polas que Cupa Group decidiu integrar os seus sistemas en Office 365. “Encaixábanos moi ben pola continua aparición de parches de seguridade”, afirma Francisco Castiñeiras.

Con todo, a adaptación non é inmediata, pero as empresas que acompañamos neste camiño concordan que paga a pena. O responsable de TI do grupo con sede en Ourense afirma que “unha vez pasado o primeiro período, a situación estabilizouse e o feedback dos usuarios é positivo”.

Conclúe que Office 365 “é unha plataforma moi rica e só agora comezamos a descubrir o que nos pode ofrecer”. Ademais de ferramentas como OneDrive, Sharepoint ou Forms, aos usuarios de Cupa Group resúltalle “moi útil o uso de skype para manter reunións tanto internas como cos nosos clientes e provedores e, por iso, o seu uso estase a facer cada vez máis común”. De feito, Castiñeiras considera que “aínda temos un longo percorrido para aproveitar esta plataforma ao máximo”.

Unha das vantaxes de Office 365 é que agora incorpora o pago por licenza, facendo que pagues só polo que usas, contratando ou cancelando licenzas dende a web e convertendo unha grande inversión nun gasto mensual asumible.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required