En R arrincamos unha nova tempada de deporte cargados de novidades e boas noticias para os clientes. Dende .... xa podes contratar DAZN a través de R e gozar do mellor deporte en directo e á carta. Ademais, por ser de R, tes vantaxes exclusivas.

Que é DAZN?

DAZN é unha plataforma de streaming que emite exclusivamente deporte a través de calquera dispositivo con conexión a internet: no deco 4K (Android TV), móbiles, tabletas, televisores intelixentes (que se conecten a internet), videoconsolas (PS4 e Xbox One), Google Chromecast, Apple TV e Amazon Fire TV.

Podes ver deporte en directo e á carta.

Que opcións de contratación teño de DAZN?

Ofrecemos dúas opcións de contratación:

1. DAZN Esencial

2. DAZN Total

Que deportes se poden ver en DAZN Esencial?

Fórmula1®: Toda a tempada de Fórmula 1®.

Motociclismo: Toda a tempada de MotoGP e World SBK.

Fútbol: Copa do Rey, a Premier League, a Carabao Cup, a FA CUP e a Copa Libertadores.

Baloncesto: A Euroliga, a Eurocup e a Basketball Champions League.

Deportes de loita: UFC e o mellor boxeo.

Outros: Os Gran Slams de tenis, como Roland Garros, US Open e Australian Open; as voltas ciclistas e moitos eventos deportivos máis, así como gran variedade de documentais, reportaxes e entrevistas relacionados con estas competicións.

Que deportes se poden ver en DAZN Total?

Ademais de todo o contido que che indicamos arriba que inclúe DAZN Esencial, se contratas DAZN Total podes ver 5 partidos de LaLiga Santander cada xornada.

Como podo contratar DAZN?

A mellor forma de facelo é a través da área de cliente de R, accedendo dende a web (https://clientes.mundo-r.com) ou a través do teu teléfono móbil ou tableta descargando a app de R, dispoñible tanto para Android como para iOS.

Tes dúas opcións diferentes e independentes de contratación: DAZN Esencial ou DAZN Total (que inclúe 5 partidos por xornada de LaLiga Santander + todo o contido de DAZN Esencial).

Canto costa DAZN?

DAZN Esencial ten un prezo de 12,99€ ao mes e DAZN Total costa 24,99€ ao mes. Pero, no caso de DAZN Total, ofrecemos un desconto aos nosos clientes segundo o servizo que teñan contratado.

Desconto e vantaxes de contratar DAZN a través de R

Como cliente de R, podes gozar de condicións e vantaxes exclusivas ao contratar DAZN Total.

Se es cliente de fibra + TV, terás un desconto de 5€/mes en internet durante 12 meses. E se só tes fibra, o desconto é de 1€/mes.

En ambos os casos gañarás tamén en comodidade, xa que o custo de DAZN inclúese na túa factura mensual de R.

Hai compromiso de permanencia en DAZN?

No caso de R, ofrecémosche DAZN sen compromiso de permanencia. Poderás darche de baixa cando queiras ou cambiar de produto facilmente a través da área de cliente de R.

Así que, xa sabes, con R podes gozar da mellor oferta con fibra e móbil e agora, tamén, do mellor deporte e de LaLiga Santander contratando DAZN a través de R.