Se che encanta ir de porto en porto en Galicia desfrutando das competicións de traiñeiras, deixámosche aquí o calendario da liga galega para este ano 2024.

Calendario Liga Galega de Traiñeiras 2024

A Liga Galega de Traiñeiras despútase durante todo o verán en diferentes portos galegos, así como unha proba no concello asturiano de Castropol. Toma nota das diferentes citas deportivas e das bandeiras que hai en xogo.

CALENDARIO LIGA galega de traiñeiras 2024 (XUÑO)

DATA

LUGAR

DISPUTA

COMPETICIÓN

30 de xuño

Narón

VI Bandeira Cidade de Narón

Liga A

CALENDARIO LIGA galega de traiñeiras 2024 (XULLO)

DATA

LUGAR

DISPUTA

COMPETICIÓN

6 de xullo

Redondela

II Bandeira Feminina Cesantes - Concello de Redondela

Liga F

6 de xullo

Chapela

XXXIX Bandeira Concello de Redondela

Liga A

6 de xullo A Pobra XIX Bandeira Concello de A Pobra Liga B
13 de xullo Chapela II Bandeira Chapela Wofco Liga B

13 de xullo

Chapela

IX Bandeira Feminina Concello de Redondela

Liga F

13 de xullo Chapela V Bandeira Chapela - Concello de Redondela Liga A
14 de xullo Meira X Bandeira Illa do Samertolameu - Concello de Moaña Liga A
20 de xullo Rianxo III Bandeira Feminina Concello de Rianxo Liga F
20 de xullo Rianxo XXI Bandeira Concello de Rianxo Liga A
20 de xullo Bueu XXIX Bandeira Concello de Bueu Liga B
21 de xullo Ferrol VIII Bandeira Feminina Cidade de Ferrol VI Memorial Miguel Derungs Criado Liga F
27 de xullo Mugardos VI Bandeira Feminina Reganosa Liga F
27 de xullo Mugardos VIII Bandeira Concello de Mugardos Liga A
28 de xullo Moaña XLII Bandeira Concello de Moaña Liga A
28 de xullo Ribeira II Bandeira Masculina Concello de Ribeira Liga B

CALENDARIO LIGA galega de traiñeiras 2024 (AGOSTO)

DATA

LUGAR

DISPUTA

COMPETICIÓN

3 de agosto

O Grove

XIII Bandeira Virxe do Carme

Liga A

3 de agosto

Cedeira

VII Bandeira Concello de Cedeira

Liga B

4 de agosto

Castropol

III Bandera Femenina Princesa de Asturias

Liga F

4 de agosto Castropol XXXVI Bandera Princesa de Asturias Liga A
10 de agosto Oleiros XXIII Bandeira Concello de Oleiros Liga B
10 de agosto Oleiros IX Bandeira Concello de Oleiros Liga F
11 de agosto Ares XVII Bandeira Concello de Ares Liga A
17 de agosto Muros XVII Bandeira Concello de Muros Liga A
18 de agosto Rianxo IV Bandeira Feminina Rianxeira Liga F
18 de agosto Boiro X Bandeira Marina Cabo da Cruz Liga A
24 de agosto A Coruña XXXVIII Trofeo Teresa Herrera Masculino Liga B
24 de agosto A Coruña VIII Trofeo Teresa Herrera Feminino Liga F
24 de agosto A Coruña XXXVIII Trofeo Teresa Herrera Masculino Liga A
25 de agosto A Coruña XXXVIII Trofeo Teresa Herrera Masculino Liga B
25 de agosto A Coruña VIII Trofeo Teresa Herrera Feminino Liga F
25 de agosto A Coruña XXXVIII Trofeo Teresa Herrera Masculino Liga A

Competicións da Liga Galega de Traiñeiras

Por unha banda, está a Liga Feminina e, por outro, a nivel masculino, hai dúas categorías, a Liga A e a Liga B. En 2012 a competición masculina dividiuse desta forma.

Como se sobe e se baixa de categoría? Segundo a normativa, o último clasificado da liga A non descende directamente. Si sobe directamente o primeiro clasificado da liga B. Dispútase unha promoción a dobre xornada entre o 11º e o 12º clasificados da liga A e o 2º e 3º clasificados da liga B. Esta promoción garante unha única praza de ascenso.

Doutra banda, se un club galego da ACT descende, implicaría que o vencedor da promoción quedaría na liga B, xa que o club da ACT tería praza na liga A.

No caso de baixen dous clubs galegos da ACT, implicaría o descenso do 10º clasificado da Liga A e así sucesivamente. Doutra banda, se un club galego sobe á liga ACT, increméntase nunha praza a Liga A, que se ocuparía co segundo clasificado da regata de promoción.

Clubes da Liga A de Traiñeiras na tempada 2024

Estes son os clubes de remo que participan este 2024 na Liga A de traiñeiras en Galicia:

  • SD Samertolameu
  • CR Ares
  • SD Tirán-Pereira
  • CM Castropol
  • CR Chapela-Wofco
  • CR Cabo da Cruz
  • CR Rianxo
  • CR Mecos
  • CCD Cesantes-Rodavigo
  • CR Narón
  • Mugardos-A Cabana
  • CR Urme

Clubes da Liga B de Traiñeiras na tempada 2024

Estes son os clubes de remo que participan este 2024 na Liga B de traiñeiras en Galicia:

  • CR Chapela-Wofco B
  • CRN Riveira
  • CR Salgado-Perillo
  • CM Bueu-Simei
  • CR Cedeira
  • CR Puebla

Clubes da Liga Feminina de Traiñeiras na tempada 2024

Estes son os clubes de remo que participan este 2024 na Liga Feminina de traiñeiras en Galicia:

  • CR Chapela-Wofco
  • Mugardos-A Cabana
  • CR Rianxo
  • Cesantes-Amegrove-Cefycal
  • CR Salgado-Perillo
  • CM Castropol
  • CR Cabo da Cruz

Liga Galega de Traiñeiras clasificación: palmarés por anos

Queres saber quen gañou a liga Galega de Traiñeiras o ano pasado? Aquí podes consultar toda a clasificación da liga de Traiñeiras das últimas tempadas:

CLASIFICACIÓN xeral LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS

ANO

LIGA A

LIGA B

LIGA F

2023

CR Ares

Muros - Esteirana

CR Chapela - Wofoco

2022

SD Samertolameu - Oversea

CM Castropol

CR Cabo da Cruz

2021

SD Samertolameu - Oversea

CR Narón

CR Cabo da Cruz

2020

SD Tirán - Pereira

CR Puebla

Cabo Fem

2019

CD Ares

CR A Cabana Ferrol

CR Mecos Coruxo Isabel

Fonte da imaxe: Diego Seixo