Xente R
Liga Galega de Traiñeiras 2024: calendario de regatas
Se che encanta ir de porto en porto en Galicia desfrutando das competicións de traiñeiras, deixámosche aquí o calendario da liga galega para este ano 2024.
Se che encanta ir de porto en porto en Galicia desfrutando das competicións de traiñeiras, deixámosche aquí o calendario da liga galega para este ano 2024.
Desde hai uns anos Vigo é coñecida como a cidade das luces de Nadal, pero máis aló dese grande evento social, a cidade olívica vive a súa celebración máis simbólica coa Festa da Reconquista de Vigo 2024.
O refrán di "en abril, augas mil" e dado o tempo que fixo en marzo, o mellor que podemos facer é preparar un plan caseiro na televisión que nos ofrece en R. A nova temporada de The Good Doctor, un especial de Chernobyl ou cinema francés de misterio na canle en aberto Enfamilia. Isto é só un aperitivo das estreas de abril, agora xa che contamos todas.
A xeografía galega está chea de festas gastronómicas de todo tipo. Pero no concello pontevedrés de Arbo celébrase unha festa para enxalzar a un dos animais máis antigos da Terra: a lamprea. A última fin de semana de abril, este ano entre o 26 e o 28 de abril, celébrase a Festa da Lamprea en Arbo 2024.
A Mariña de Lugo converteuse nun dos destinos máis visitados e instagrameados. Non é de estrañar vendo as fantásticas paisaxes e areais que hai neste recuncho da costa atlántica. E non podemos falar de praias sen pararnos no Vicedo. Contámosche cales son as praias máis bonitas do Vicedo, como chegar a elas e con que servizos contan.
Os Mozos de Arousa disparan as audiencias de Telecinco cada día coa súa actuación en Reacción en Cadena. Máis dun millón de espectadores pégase ao televisor para ver se Borjamina, Bruno e Raúl superan o millón de euros que levan acumulados ou se os Mozos de Arousa son eliminados. Coñecemos máis de preto a este trío galego que causa sensación para que saibas quen son, a súa idade, os seus estudos, a que se dedican, se son irmáns, de onde son ou cantos programas levan os Mozos de Arousa.
O Resu, Ortigueira, O Son do Camiño, o Morriña Fest… traémosche a lista completa de festivais Galicia 2024 para que saibas onde e cando se montan as festas cada mes do ano, en especial os festivais de Galicia no verán que son unha chea. Festivaleiro, garda ben esta información e compártea cos colegas cos que vas a ir de concertos en Galicia 2024: datas, carteis, entradas…
Non chegamos a consideralas sagradas como na India, pero as vacas en Galicia son unha institución. É o animal que máis se ve pola xeografía galega, ata o punto de que hai concellos que teñen máis vacas que habitantes. Traémosche aquí todas as curiosidades das vacas galegas para que sexas un experto, o concurso Miss Vaca Galicia e as diferentes razas, vacas autóctonas de Galicia, louras, frisonas...
Un castelo que foi escenario de Revoltas Irmandiñas e que hoxe acolle un auténtico Museo de Artesanía Viva. Falamos do castelo de Vimianzo. Contámosche todo o que necesitas saber sobre a súa historia, os seus horarios, como chegar e que podes visitar no seu interior.
Todos coñecemos a calidade do marisco galego, un dos máis saborosos e recoñecidos do mundo. As ostras son un exemplo de todas as bondades do marisco galego e en Arcade, capital deste molusco, celebran a Festa da Ostra de Arcade 2024 para enxalzar a súa importancia na economía local.
Di o refrán que "os nenos veñen cun pan debaixo do brazo". No caso de Galicia, veñen cunha Tarxeta Benvida coa que os novos pais e as novas nais poden afrontar os primeiros gastos dos que acaban de chegar. Contámosche como se solicita a Tarxeta Benvida 2024, como consultar o seu saldo e onde podes utilizala.
Se por algo coñecemos a vila mariñeira de Camariñas é polos seus encaixes e bolillos. Na Costa da Morte, esta pequena localidade coruñesa soubo transmitir a súa arte e amor polo encaixe de bolillos de Camariñas. Encargáronse diso as palilleiras, mantendo viva esta antiga tradición que se remonta ao século XVI, hoxe convertida en artesanía.
A Semana Santa de Viveiro é unha das celebracións relixiosas máis antigas de Galicia. Do Venres de Dores ao Domingo de Resurrección, a localidade lucense atrae a miles de visitantes dispostos a gozar das procesións e actos que organizan coidadosamente as confrarías. Aquí tes toda a información sobre o programa, o pregón e as procesións da Semana Santa de Viveiro.
Todos os meses se estrean películas e series que non podemos deixar de ver. Para que non pases máis tempo cambiando de canle buscando as que che poden interesar, ímosche recomendar as mellores estreas de marzo, tanto de series, películas, docus como deportes. E todos na televisión que che ofrecemos en R.