Ola. De seguro que o título che chama a atención por iso do “ciclo de facturación”. Si, é certo que ás veces somos un pouco técnicos á hora de poñerlles nomes ás cousas, sobre todo se se trata de temas sinxelos. Porque iso do “ciclo de facturación” non é outra cousa que o período que comprende a factura. É dicir, o conxunto de días que van no recibo, dende que poñemos os servizos a cero ata que deixamos de facturar (pasado un mes).

Ata o de agora o ciclo de facturación en R era este:

  • Clientes particulares: do 20 dun mes ata o 19 do mes seguinte.
  • Autónomos, negocios e pequenas empresas: do primeiro ata o último día do mes.
Novo período

Arriba usamos o verbo “era este” e o título deste post fala de “cambio”, así que está máis claro que a auga que a cousa non vai quedar igual. Certo!

Así que a pregunta é: “Vale, entón de que día a que día vai ir a miña factura?”. E a resposta é:

  • Para clientes particulares, autónómos, negocios e pequenas empresas agora será do 22 dun mes ata o 21 do mes seguinte.
O mesmo para particulares e para negocios

“Como, vai ser o mesmo para todos?”. A razón non é outra que o feito de que moitos clientes teñen os seus servizos como particulares, pero tamén como empresas (no seu bar, perruquería, tenda de roupa, libraría…). E claro, son o mesmo cliente e somos o mesmo operador. Pero reciben facturas en ciclos diferentes, o cal é un pouco raro. E máis estraño resulta pensando que os produtos e servizos son moi semellantes entre si.

Por iso agora decidimos unificar o ciclo de facturación. Pensamos que é máis sinxelo, máis claro e máis práctico para todos. Fomos a un ciclo intermedio, aínda que máis semellante ao dos clientes particulares, porque son a maioría. En todo caso, o que vos comentamos non suporá nada máis que iso, que cambian as datas de referencia do recibo.

En decembro

Cando se fai facer este cambio? Pois xa, a partir da próxima factura. Si, sabemos que igual parece un pouco lioso, máis que nada porque a ver como facemos a transición de días. Toda a razón. Pero intentamos que o proceso sexa sinxelo, así que será do seguinte forma:

  • Clientes particulares: o recibo deste mes, en lugar de ir ata o 20 de decembro, finalizará o día 22. Vamos, que incluirá dous días máis. A partir de aí, xa vai do 22 do mes ata o 21 do seguinte mes. Cero complicacións, verdade?
  • Negocios: neste caso imos emitir un recibo que vaia do 1 ao 21 de decembro (loxicamente polo prezo porrateado dos servizos). E, a partir de aí, a factura xa irá sempre do 22 de cada mes ao 21 do próximo mes. Fácil, non si?

E ata aquí todo, porque isto non implicará máis. En todo caso, de seguro que tes algunha pregunta ou dúbida. Así que xa tardas en deixarnos esa cuestión que che está a dar voltas na cabeza 

Un saúdo!

Imaxe de Loic Djim