A app tv comigo é compatible con Chromecast para que poidas enviar directamente o contido dende a app ao teu televisor. Contámosche como facelo paso a paso para que comeces a gozar desta opción de tv comigo.

Antes de nada, asegúrate de ter a app tv comigo actualizada á última versión. E se aínda non a descargaches, faino xa dende Google Play ou App Store.

Que é iso de Chromecast

Se non tes claro de que se trata a funcionalidade de Chromecast, tentámoscho explicar. Basicamente trátase de poder compartir o contido dun dispositivo a outro.

Un uso moi habitual é ver un vídeo en Youtube no móbil e querer velo en pantalla grande. En lugar de conectar a tele a Youtube e buscar o vídeo, pódelo “lanzar” directamente dende o teu smartphone ao televisor.

No noso caso, se viches un contido que che guste na app de tv comigo, tamén podes reproducilo na tele.

Configura o Chromecast

Se xa tes un dispositivo Chromecast, podes saltar este paso. E se o acabas de estrear ou aínda non empezaches a usalo, sigue estes pasos para configuralo.

Conecta o teu Chromecast co televisor a través dun porto HDMI. Na pantalla da TV aparecerache o número de dispositivo Chromecast que necesitarás máis adiante.

Descarga a app de Google Home (Android e iOS) no teu teléfono ou tablet. Elixe unha conta de Google á que conectarte e selecciona o dispositivo Chromecast que ten o mesmo número que che aparecía na pantalla de benvida.

A continuación, selecciona a túa rede wifi, debe ser a mesma á que está conectado o teu móbil ou tablet. E listo, xa está configurado o teu Chromecast.

Como enviar contido dende a app tv comigo ao teu televisor

Como che diciamos, asegúrate de ter o móbil, tablet ou PC na mesma rede wifi que o teu Chromecast. Feita esta comprobación, xa podes lanzar a túa peli ou serie favorita ao teu televisor.

Abre a app tv comigo no teu teléfono, tablet ou computador e elixe o contido que queres ver.

Na parte superior da pantalla verás unha icona con forma de TV e como cunha sinal wifi. É o botón “transmitir pantalla” e indica que podes lanzalo á túa tele. Preme o botón e selecciona a que dispositivo queres lanzar ese contido. Así de fácil 😊.

Cómo enviar contenido desde la app tv comigo a tu televisor

Cómo enviar contenido desde la app tv comigo a tu televisor

Cómo enviar contenido desde la app tv comigo a tu televisor

Ah, podes enviar un programa que queiras de ver de rebobina, pero tamén da tv en directo.

Cómo enviar contenido desde la app tv comigo a tu televisor

Que pasa se o teu dispositivo non é Chromecast?

O primeiro que debes facer é comprobar se o teu reprodutor incorpora Chromecast.

Moitas teles e dispositivos que se conectan ao televisor xa traen por defecto a funcionalidade para poder compartir os contidos dende o móbil, a tablet ou un ordenador.

Con todo, hai outros televisores, máis antigos, que non teñen a capacidade de que se lles envíe contido dende outro dispositivo. Aí non poderás facer nada, salvo que lle conectes un Google Chromecast ou ben outro aparello que teña esta funcionalidade (Xiaomi Mi TV Stick...).

Esperamos que goces moito desta opción da app tv comigo.

E para calquera dúbida, aquí estamos.